Sunday 28 de April de 2024

O Servizo de Normalización Lingüística da Baña-Negreira e a Concellería de Cultura da Baña impulsan unha campaña de apoio á lingua galega


O Servizo de Normalización Lingüistica da Baña-Negreira e a Concellería de Cultura da Baña impulsan unha campaña de apoio á lingua galega que comezou hoxe con colectivos da comarca (centros de ensino, escolas deportivas, garderías, punto de atención á infancia..) que queiran e desexen sumarse á iniciativa. Estiveron na Escola de Lañas onde estaban os grupos de infantil de Lañas e de Aro. Iniciouse co fin de relacionala co amor pola lingua galega. En canto á foto, aparece a Escola de EEI de Lañas e de Aro (alumnado, profesorado, familias), a concelleira de cultura da Baña, voluntarias do programa europeo e a normalizadora lingüística da Baña-Negreira.